José Manuel Duarte, novo xefe da Policía Local

11
  • Foi a única proposta presentada neste concurso. A súa xefatura comeza de xeito inmediato, dende hoxe mesmo, co seu nomeamento.

O Concello de Pontevedra vén de nomear hoxe a José Manuel Duarte González novo Xefe da Policía Local, logo de rematar o concurso público para ocupar a praza vacante. A súa xefatura entra en vigor con carácter inmediato, dende o momento do seu nomeamento.

Este procedemento púxose en marcha o mes pasado para cubrir o posto accidental de Ángel Ruibal, que levaba desempeñando o posto dende o pasado mes de xaneiro, cubrindo a praza que deixar vacante Daniel Macenlle, cando pasou a ocupar a Dirección xeral de Protección Cidadá.

Este posto xa estaba previsto convocalo de xeito estable, pero a crise sanitaria e a suspensión de prazos e procedementos derivados do Estado de alarma, fixo retrasar a decisión.

A praza estaba circunscrita a funcionarios e funcionarias do corpo da Policía Local de Pontevedra, que teñan a categoría de inspector principal.

A proposta de José Manuel Duarte foi a única que se presentou no concurso.