O Concello destina preto de 200.000 euros ao control sanitario das fontes da cidade

15
  • A Xunta de Goberno local aproba o inicio do expediente para contratar o servizo de control, mantemento e xestión de fontes ornamentais por un período de 4 anos
  • Na mesma sesión aprobouse a proposta de adxudicación do contrato de  seguridade e vixilancia para edificios municipais, e  a licitación do contrato de limpeza de dependencias municipais 

A Xunta de Goberno aprobou na súa sesión desta mañá o inicio do expediente para a contatación do servizo de control, mantemento e xestión de fontes ornamentais cun orzamento de 188.952.40 euros e un período de 4 anos, prorrogable a un máis. Desde xeito, sistematizarase o control sanitario das 16 fontes ornamentais da cidade para garantir as condicións de seguridade e hixiene. 

O protoclo, que foi elaborado polos técnicos municipais e aprobado pola Consellaría de Sanidade, establece un control exhustivo e de tratamento continuado que inclúe a medición de desinfectantes na auga, un plan de control analítico e de limpeza, e un plan de mantemento. 

Este contrato inclúe as fontes da praza de Galicia, a das Palmeiras, a de Campolongo, a dos xardíns Marescot, a da Ferreiría, a da praza da Estrela, a dos Tornos, a do Teucro, a do Peirao, a da praza de Luís Otero, a fonte en Gaiteiro Ricardo Portela, a da rúa Laranxo, a da avenida de Compostela, a de Barcelos, a fonte das Ras e a fonte dos Nenos.

A Xunta de Goberno local tamén aprobou a proposta de adxudicación do servizo de seguridade e vixilancia en varios edificios municipais, á empresa Servicios SPR Vilanova SL. Este contrato establece un primeiro lote relativo a drogodependencias e Casa Azul, e un segundo relativo ao segundo andar do Mercado municipal. A adxudicación en ambos casos é por un período de 2 anos e o orzamento ascende a 104.507,70 euros para cada un dos lotes.  

Por último, tamén se aprobou o inicio do contrato do servizo limpeza para dependencias municipais e instalacións deportivas. Esta inicio de licitación realízase toda vez que a anterior fora impugnada pola Asociación Profesional de Empresas de Limpeza por non fixar o límite máximo de horas extras nos pregos.

Os novos pregos volven fixar dous lotes: o primeiro inclúe os mercados municipais, cemiterios, a totalidade de casas de cultura e centros sociais e as dependencias municipais; e o segundo inclúe todos os pavillóns deportivos muncipais. O contrato ten unha duración de 4 anos e un orzamento de 2.821.067,82 euros.