Restrínxese o tráfico na rúa San Roque por obras de reposición de firme

8

Durante a xornada deste xoves e venres, entre as 8h e as 20h, está previsto que se restrinxa o tráfico en sentido ascente na rúa San Roque. Durante estes dous días procederase a rehabilitar a capa de rodadura deste vial para subsanar o deterioro do firme que se detectou nas últimas semanas.

A actuación, que se enmarca nas reposicións de firme que se están a realizar en diversas rúas da cidade dentro do contrato de mantemento de espazos públicos, non estaba prevista na planificación inicial pero decidiu incorporarse ao plan de traballo nestes días. 

Como vén sendo habitual, estas obras conlevan un plan de tráfico específico durante as dúas xornadas, que afecta tanto á propia rúa San Roque, que queda só de baixada para o tráfico rodado, como ás rúas colindantes. 

Estes traballos de rahabilitación da capa de rodadura en puntos nos que se ten detectado algún tipo de deterioro continuarán a vindeira semana pola avenida Xoán Carlos I.