O Concello estuda aforos e protocolos de cara a reapertura dos centros sociais

59
  • Unha empresa especializada en plans de seguridade está realizando un informe individual de 29 centros de titularidade municipal co obxecto de garantir a seguridade das persoas usuarias
  • Trátase de instalacións xestionadas maioritariamente por asociacións que desenvolven un importante número de actividades de carácter cultural, social e formativo, tanto nos barrios da cidade como nas parroquias

O Concello está estudando os espazos e aforos de 29 locais sociais de titularidade municipal de cara a súa reapertura. O obxectivo deste traballo é que, no momento en que se permita retomar a actividade neste tipo de instalacións, cada unha delas conte cun informe que determine o aforo permitido segundo os distintos espazos e os protocolos a seguir para retomar as actividades.

Nas últimas semanas, unha empresa especializada en plans de seguridade está a analizar e estudar cada un dos centros sociais e culturais para determinar as medidas a seguir en cada un deles, co obxecto último de garantir a súa reapertura coas máximas garantías de seguridade sanitaria. Trátase, na práctica totalidade dos casos, de locais xestionados por asociacións e entidades, que desenvolven un número importante de actividades de moi diversa índole social, cultural e formativa, tanto nos barrios da cidade coma nas parroquias. 

As instalacións que están sendo analizadas son o Centro Cultural de Monte Porreiro,   Centro Cultural A Devesa, Centro Cultual Pío Bora, Centro Cultural Cons – Mourente, Centro Cultural Acevedo, Centro Cultual Tomeza, Local Social Santa Maria de Xeve – Antigo Concello, Centro Cultural San Roque, Centro Social Gorgullón, Centro Social Leste, Centro Cultural Pontemuíños, Centro Cultural Ponte Sampaio, Centro Social Salcedo – Casa Verde, Centro Social Salcedo – antigo preescolar, Casa de Cultura Campañó – Cabaleiro, Casa de Cultura Campañó, Centro Cultural Sabarís, Centro Cultural Canicouva, Centro Cultural Salgueiral, Centro Etnográfico Santa María de Xeve, Local Social Fragoso, Centro Cultural Santo André de Xeve, Local Social Reariz, Centro Social O Burgo, Centro Social de Estribela, Centro Social de Cerponzóns, Casa da Cultura de Lérez, Centro Sur, e o Pazo de Mugartegui.