Aberto o prazo até venres para comunicar as fogueiras de San Xoán de particulares

315
  • A comunicación ante o Concello pode ser a través da sede electrónica sede.pontevedra.gal ou presencialmente na Policía Local.

O Concello de Pontevedra abriu onte o prazo para que os particulares que queiran facer unha fogueira no San Xoán poidan presentar a súa comunicación ante a administración. As vías de presentación serán a través da sede electrónica (sede.pontevedra.gal) ou ben presencialmente na Policía Local.

O prazo para presentar esta comunicación será até este venres, 19 de xuño.

A diferencia de anos anteriores, o Concello non autoriza fogueiras comunitarias que empreguen o espazo público ao entender que non é o momento sanitario máis acaído e porque tampouco se poden garantir as medidas sanitarias e de seguridade habituais destas celebracións.

Ao respecto dos particulares, o Concello manten os protocolos de anos anteriores sobre a seguridade, pero tamén esixirá que se garantan as medidas sanitarias fixadas pola Xunta de Galiza.