Os elementos que desentoan na paisaxe urbana de Pontevedra ascenden a 828

7
  • O estudo de diagnose recolle catro tipoloxías de elementos tipificados en cinco niveis de relevancia, segundo o nivel de impacto visual
  • Tras a fase de localización e identificación, programarase unha rolda de xuntanzas co movemento asociativo da cidade co obxectivo completar o estudo

O concelleiro de Urbanismo, Xaquín Moreda, e o arquitecto Evelio Sánchez, presentaron esta mañá a primeira parte do ‘Plan de diagnose de mellora da paisaxe urbana’, que recolle os elementos que desentoan ou están mal integrados na paisaxe urbana da cidade. Esta fase de localización e identificación, unha vez depurada, arroxa o dato de 828 elementos. Unha cifra que podería variar na segunda fase do plan, que consiste en programar xuntanzas con asociacións e comunidades de veciños para completar o estudo. 

Os elementos identificados corresponden a catro tipoloxías -medianeiras, valados publicitarios, muros de contención e parcelas de difícil aproveitamento urbanístico- que son tipificados en 5 niveis de relevancia, relacionados co nivel de impacto que cada elemento ten na contorna na que está ubicado. A numeración dos niveis estipúlase en sentido ascendente en importancia, sendo o número 1 o de menor relevancia.

Número de elementos identificados e niveis de relevancia:

Medianeiras: 687

Nivel 1:  90

Nivel 2: 152

Nivel 3: 246

Nivel 4: 154

Nivel 5: 45

Valados publicitarios: 41

Nivel 1: 0

Nivel 2: 1

Nivel 3: 14

Nivel 4: 21

Nivel 5: 5

Muros de contención: 14

Nivel 1: 4

Nivel 2: 2

Nivel 3: 6

Nivel 4: 2

Nivel 5:  0

Parcelas de difícil aprovechamiento urbanístico: 86

Nivel 1: 45

Nivel 2: 5

Nivel 3:12

Nivel 4: 6

Nivel 5: 18