17 empresas presentan optan a xestionar o millón de euros do contrato de mantemento dos espazos públicos rurais

33
  • O Concello incrementa a contía destinada a mellorar este ámbito nunha clara aposta por seguir elevando a calidade de vida no rural.
  • A Mesa de contratación coñeceu esta semana as ofertas  que oscilan entre os 722.000 euros e o millón de euros.

A Mesa de contratación do Concello de Pontevedra reuniuse esta semana para valorar as ofertas presentadas polas 17 empresas que optan a xestionar o contrato millonario de mantemento dos espazos públicos rurais. O Concello de Pontevedra fai un especial esforzo no investimento rural con este contrato que ascende a máis dun millón de euros, e que supón incrementar as contías que destinaba a este ámbito até o de agora.

As empresas que presentaron oferta son:

  • API Movilidad
  • Asfagal técnicas viarias
  • Construcciones Caldevergazo
  • Construcciones E.C.Casas
  • Construcciones Fechi
  • Construcciones, Obras y viales (Covsa)
  • Ecocivil Electromur G.E.
  • Elsamex
  • Eulogio ViñaL, Obras y Construcciones
  • Fertaf Obras y Servicios
  • Hornidurak instalazioak eta zerbitzuak
  • Imesapi
  • Misturas
  • Movimiento de áridos y construcciones de Arosa
  • Narom
  • Prace, servicios y obras
  • Edigrup Global – Fevisa Vías y obras (UTE)

As ofertas oscilan entre os 722.326,84 euros e o 1.035.299,04 euros.

A licitación do contrato é de 1.082.948,79 euros e un prazo de execución de 3 anos, coa posible prórroga dun ano máis. Esta contía incrementa o que o Concello viña investindo nos espazos públicos rurais até o de agora cun contrato de 241.000 euros por ano.

Esta aposta decidida do Goberno Local pola conservación dos espazos públicos permitirá atender bacheos, reparacións de pavimentos, sinalizacións horizontais e verticais, pintados, balizamentos, rozas, limpezas, retirada de entullos caídos ás vías municipais ou melloras na rede de augas pluviais, entre outras actuacións.