Comeza a ampliación da estrada de acceso á igrexa de Santo André de Xeve

9
  • A obra ten un orzamento de 41.000 euros e consiste na ampliación da vía coas cesións realizadas polos veciños e veciñas do lugar.

O Concello de Pontevedra, a través da Concellaría do rural que xestiona Pilar Comesaña, iniciou nestes días obras de mellora do espazo público no lugar de Sobral, na parroquia de Santo André de Xeve.

Trátase da vía de acceso á igrexa parroquial, que se atopa nun estado bastante deteriorado e cun ancho insuficiente para as necesidades veciñais actuais. Grazas a cesión de particulares, o proxecto consistirá na ampliación da estrada cos sobreanchos de cesión, na canalización das augas pluviais e no asfaltado. Tamén se construirá un muro de contención do terreo.

O orzamento das obras, que se prolongarán durante varias semanas, é de 41.216,80 euros.