O Efecto PO2 chega ás ludotecas de verán para reinventar o mundo

18
  • Son sete charlas organizadas pola Concellaría de Promoción da Cidade, que xestiona Anabel Gulías, para reflexionar sobre os hábitos de vida e consumo sustentables entre os cativos e cativas.
  • Forma parte do programa de divulgación da marca Efecto PO2 que puxo en marcha a Concellaría.

O Efecto PO2 chegará neste atípico verán ás ludotecas municipais a través da Concellaría de Promoción da cidade, que xestiona Anabel Gulías, en colaboración coa Concellaría de Educación, que dirixe Tino Fernández. Para difundir a marca Efecto PO2 entre a veciñanza e, especialmente, entre os máis cativos e cativas, a Concellaría de Promoción da Cidade pon en marcha dende mañá a actividade A miña cidade con-sumo responsable.

A partir da conto municipal A miña cidade, publicado con motivo das xornadas Urbtopías, a actividade reflexiona sobre hábitos de vida e de consumo sustentables e respectuosos co entorno. Entre todos e todas as participantes elaborarán un libro moi especial coas propostas conxuntas para reinventar o mundo. Así dará resposta a preguntas como: Que podemos facer para salvar o planeta que habitamos? Que se fai desde a nosa cidade para garantir un futuro mellor? Como sería o mundo no que nos gustaría vivir? Que podemos facer as crianzas para contribuír a acabar coa contaminación?

A Concellaría impartirá en total 7 charlas entre alumnado de primaria que asiste ás catro ludotecas de verán. As charlas previstas comezan mañá, 22 de xullo na Xunqueira II onde se celebrarán dous obradoiros: de 10 a 11.15 horas, e de 11.30 a 13.00 horas.

O venres 24 de xullo será o CEIP Cabanas, en Salcedo, cun obradoiro de 10 a 11.15 horas.

No Manuel Vidal Portela están previstos dous obradoiros o martes, 28 de xullo, de 10.00 a 11.15 horas e de  11.30 a 13.0 horas.

Finalmente, o CEIP Campolongo Tamén están proxectados dous obradoiros o mércores, 29 de xullo, de 10 a 11.15 horas e de 11.30 a 13.00 horas.

Campaña de divulgación do Efecto PO2

Esta actividade forma parte da campaña de promoción e divulgación do Efecto PO2 entre a veciñanza de Pontevedra explicándolles que se trata dun estilo de vida e de respecto polo medio e pola saúde das persoas que ten en Pontevedra un singular exemplo.

Esta acción compleméntase con outras como as pintadas de rúa -CO2 +PO2 que se poden ver en dez puntos diferentes da cidade, e que permite facer un pequeno xogo: canto máis se pise o CO2, só irá quedando PO2.

Tamén inclúe unha campaña de carteleira de máis de 1.000 exemplares con sete imaxes distintas que recollen diferentes puntos fortes do modelo de cidade, para explicar na cidade que é o Efecto PO2 Está instalada en sedes administrativas, establecementos, nos mupis da cidade que terán o Efecto PO2 como referente anual.

A campaña de posicionamento da marca tamén inclúe microvídeos #comonacasa na que se trata de amosar como o espazo público é a extensión das vivendas e espazos de traballo dos pontevedreses e pontevedreses.

Outra das accións aínda por iniciar son os faladoiros do alcalde Miguel Anxo Fernández Lores con persoeiros que se iniciarán no mes de setembro.