A Comisión Europea publica unha entrevista ao alcalde Lores con motivo do premio Urban Road Safety Award

24
  • Está incluída dentro da web da Semana Europea da Mobilidade.

A Comisión de Mobilidade da Unión Europea vén de publicar unha entrevista co alcalde Miguel Anxo Fernández Lores, con motivo do recente galardón de mobilidade co que acaba de ser recoñecida Pontevedra. O primeiro premio de Mobilidade urbana sustentable da Unión Europea (Urban Road Safety Award) recoñece o traballo realizado a prol da redución das velocidade e de gañar espazos públicos para os peóns.

A entrevista está colgada na páxina web da Semana Europea da Mobilidade, creada pola Comisión Europea para destacar e recoñecer as boas prácticas dos concellos. E comparte espazo xunto a outras dúas entrevistas de alcaldes de localidades galardoadas con outros premios convocados pola Comisión con motivo da pasada Semana da Mobilidade.

Na entrevista, o alcalde responde á alegría que supuxo na cidade recibir un galardón como este. Tamén abordan as medidas máis efectivas das adoptadas e os consellos que daría a outras cidades para adoptar medidas como as de Pontevedra.

O Concello de Pontevedra está á espera de coñecer cando se realizará a entrega do galardón que tivo que ser suspendido o pasado mes de marzo con motivo da pandemia municipal da Covid-19.

A entrevista pódese consultar en https://mobilityweek.eu/home/ e toda a información sobre o Urban Road Safety Award en https://www.pontevedra.gal/premio-ue/