O Concello acorda unha redución da taxa de veladores do 31,5%

14
  • En termos absolutos supón unha rebaixa de máis de 65.000 euros nos ingresos do Concello en materia de taxas

A concelleira Carme da Silva, que actuou esta mañá como portavoz do Goberno, anunciou que a Xunta de Goberno aprobou unha redución da taxa anual de veladores do 31,5%. O calculo foi realizado polos servizos económicos municipais que tiveron en conta o período de parón total da actividade durante o estado de alarma e os posteriores períodos de apertura, primeiro co 50% da ocupación, seguido do 75% e do 80% que operará ata final de ano.

A concelleira asegurou que “é un cálculo moi complexo porque se fai zona por zona, porque non todas as zonas teñen a mesma taxa, teñen coeficientes correctores en función da zona e foi necesario analizar caso por caso”. A media resultante destes cálculos responde co 31,5% de rebaixa que será aplicado nos recibos que se pasarán ao cobro entre o 17 de agosto e o 19 de outubro.

Por últmo, informou que esta redución supón unha rebaixa en termos absolutos de máis  de 65.000 euros nos ingresos que o Concello ten en materia de taxas