O Concello reforza persoal no verán e avanza nos procesos selectivos de cara ao outono

52
  • Tras o remate do estado de alarma, reforzouse a plantilla municipal cun total de 18 prazas para dar resposta á acumulación de tarefas, exceso de traballo, baixas e programas temporais
  • Os procesos selectivos en marcha contemplan a provisión dun total de 22 prazas

O Concello está a acometer desde comezos do verán, e coincidindo coa reapertura da atención presencial tras o remate do estado de alarma, unha serie de reforzos na plantilla de persoal municipal. O obxectivo é dar resposta tanto á nova situación xurdida tras a aparición da pandemia, mellorando e axilizando a atención ao público, como reforzar aquelas áreas e servizos nos que foi preciso cubrir baixas, dar resposta á acumulación de tarefas ou implementar programas temporais especiais. Neste contexto, son 18 as prazas cubertas ou en trámite.

Paralelamente, tamén se está avanzando en diversos procesos selectivos, que atinxen á provisión dun total de 22 prazas. Trátase de seis procesos selectivos que se atopan en distinto estado de tramitación. Os máis avanzados comezarán as probas selectivas neste mes de agosto e en setembro.

Relación de prazas correspondentes a procesos de reforzo de persoal:

Interinos por acumulación de tarefas e exceso de traballo:

  • 2 traballadoras sociais para o Servizo de Benestar
  • 1 auxiliar para o Servizo de Secretaría e Asuntos Xerais para o reforzo de Rexistro na apertura pos-Covid
  • 1 subalterno para o Servizo de Promoción Económica para a segunda planta do mercado municipal
  • 1 subalterno para o Servizo de Secretaría e Asuntos Xerais para a unidade de cita previa en Conserxería

Cobertura interina de prazas vacantes:

  • 1 administrativo para o Servizo de Disciplina Urbanística
  • 1 auxiliar para a Sección de Servizos Compartidos, no Padrón de Habitantes
  • 1 operario no Servizo de Deportes
  • 3 operarios na Brigada de Obras

Nomeamentos interinos para a execución de programas temporais:

  • 1 traballador social, para o programa temporal de inclusión no Servizo de Benestar Social
  • 1 informático, para  implementación de teletraballo e outras melloras no Servizo de Informática

Nomeamentos interinos en trámite:

  • 1 auxiliar adminsitrativo para cubrir unha praza vacante na Sección de Servizos Compartidos
  • 1 arquitecta técnica para o ARI, por acumulación de tarefas na Oficina
  • prórroga de nomeamento interino de 1 administrativa para substituír unha baixa no CIM
  • prórroga de contrato de interinidade de 1 traballadora social pra substituír unha baixa na OTBS

Comisión de servizos:

  • 1 técnica de Administración Xeral pra cubrir unha baixa en Disciplina Urbanística

Relación de prazas correspondentes a procesos selectivos

Convocadas, listas definitivas de admitidos e con datas de inicio de probas selectivas:

  • 2 prazas de subalterno, quenda libre: setembro 2020
  • 3 prazas de administrativo, quenda libre e unha para persoas con discapacidade: agosto 2020
  • 3 prazas de adminsitrativo, promoción interna: setembro 2020

Pendentes de data de convocatoria pero xa con listas de admitidos provisionais:

  • 2 prazas de auxiliar administrativo, quenda libre e unha para persoas con discapacidade
  • 5 prazas de auxiliar administrativo, promoción interna
  • 2 prazas de bombeiro condutor, quenda libre

Convocados, pendentes de celebración dos procesos:

  • Enxeñeiro de camiños, canles e portos (A1)
  • Xestor de contidos e soporte de administración electrónica (C1)

Convocados recentemente e pendentes de tramitación:

  • 1 praza de traballador social, quenda libre
  • 1 praza de técnico medio de administración social, quenda promoción interna

Configuración de listas de substitución para cobertura interina (proceso xa rematado):

  • Técnico de medio ambiente natural