Operativo de seguridade e tráfico para o Campionato de España de Triatlón

444

Dispositivo de seguridade e mobilidade para o Campionato de España de Triatlón que terá lugar os días 22 e 23 de agosto de 2020 en Pontevedra

Plan de estacionamento: 

  • A partires das 15h do xoves, 20 de agosto, comezarase a retirar os coches na avenida de Bos Aires
  • A partires das 5h do venres, 21 de agosto, retirararanse na contorna da feira e da rúa Rafael Areses
  • A partires das 22h do venres , 21 de agosto, retiraranse da contorna do recinto Feiral e Pazo da Cultura, do campus universitario e un tramo da avenida de Compostela

Mobilidade xeral: 

  • Permitirase o acceso a residentes e vehículos autorizados (por exemplo para negocios) a través de varios puntos sinalizados e controlados pola Policía Local
  • Na zona do mercado municipal e do centro histórico permitirase a circulación sen restricións
  • A ponte de Santiago só terá habilitado un carril e será en dirección saída da cidade
  • A rúa Luis Otero cambiará de sentido para facilitar a saída cara a avenida da Coruña ou cara Médico Ballina
  • A entrada e saída a Monte Porreiro poderá facerse pola Ponte das Palabras ou pola rúa da Paloma
  • Non se permitira o acceso de camións de alta tonelaxe desde a ponte das Correntes cara a zona dos circuítos

Crossing points:

  • Na área dos circuítos das tres probas establécense 12 puntos con controladores para que os peóns poidan cruzar con seguridade e sen interromper as probas

Sedes pechadas:

  • A partir das 15h deste xoves, e ata as 20h do domingo, pecharase a zona da sede permanente, entre a ponte dos Tirantes e Monte Porreiro. 
  • A sede pechada con carácter dinámico ampliarase a toda a contorna da rotonda e á totalidade da ponte dos Tirantes e pecharase entre as 8h e as 20h do sábado, e entre as 8h e as 15h do domingo.
  • A sede pechada permanente terá unha única porta de acceso, esixirase acreditación física e realizarase control facil de temperatura, uso de máscara e lavado de mans con hidroxel a todas as persoas no momento de entrar
  • No río, para dar soporte ás probas de natación, haberá unha embarcación de Protección Civil con patrón e socorrista, unha moto acuática de Bombeiros con piloto e socorrista,  e catro piragüistas e tres socorristas a maiores por parte da organización.
  • O servizo de augas realizará un control previo da calidade da auga e terá un servizo permanente durante a celebración da proba
  • O servizo de limpeza manterá un control estrito e permanente de todo o circuíto, antes e durante a realización das probas
  • Establécese un hospital de campaña dentro da sede permanente, e compleméntase con 3 ambulancias e 2 médicos en moto