Pontevedra adhírese á rede Ágora polo espazo público

9

O Concello de Pontevedra formalizou hoxe a través dun acordo da Xunta de Goberno Local a adhesión á rede de concellos Ágora polo espazo público creada pola Deputación provincial de Pontevedra, para o intercambio de experiencias con concellos próximos.

A concelleira Carme da Silva explicou que Pontevedra leva anos traballando a prol do aumento do espazo público, polo que pode contribuír á rede a través do concelleiro de Obras, Demetrio Gómez e do director xeral de Urbanismo, Xosé Manuel Tato, como representantes político e técnico, respectivamente.

Carme da Silva destacou a importancia de crear sinerxías entre os concellos no eido da recuperación do espazo público para os peóns.