San Sebastián emprega a metodoloxía do Metrominuto para facer o seu propio plano peonil

121
  • Dende o departamento de Mobilidade de Donostia puxéronse en contacto para informar do uso da marca rexistrada polo Concello de Pontevedra.

O Concello de San Sebastián, a través do seu departamento de Mobilidade, vénse de pór en contacto coa Alcaldía de Pontevedra para solicitarlle autorización para empregar a metodoloxía do Metrominuto para facer o seu propio plano peonil da cidade.

Esta publicación da cidade donostiarra é unha das accións previstas nos actos que teñen programados na localidade no marco da Semana da Mobilidade de 2020.

Na súa misiva, o concello tamén felicita a Pontevedra polo primeiro Premio de mobilidade urbana segura da Unión Europea, concedido en maio e convocado no marco da Semana Europea da Mobilidade 2019.

Texto do correo:

Egunon, Buenos días,

Me pongo en contacto con vosotros desde el Departamento de Movilidad del Ayuntamiento de San Sebastián. Con motivo de la Semana de la Movilidad de este raro 2.020, vamos autilizar la metodología del Metrominuto para nuestro nuevo plano peatonal de la ciudad y quería poneroslo en conocimiento.

Aprovecho para felicitaros por los pasados premios recibidos en la EMW 2019.

Merecido premio.