O salón da perruquería e a estética ‘Rizando o Rizo’ reinvéntase para convértese nun show en streaming

26
  • O evento emitirase en directo dende a Casa da Luz o sábado 26 de setembro pola tarde, contará cunha presentación da concelleira Yoya Blanco e será conducido polo escritor Manel Loureiro
  • As exhibicións poderán seguirse na canle de Youtube do Concello de Pontevedra, así como nas páxinas de Facebook de PonteLovers e Pontevédrate, en horario de 17:00 a 21:00 horas

A complicada situación sanitaria levou á concelleira de Promoción Económica e Turismo, Yoya Blanco, e á asociación provincial Máis que Cabelos a reinventar o concepto do salón da perruquería e a estética ‘Rizando o Rizo’ para convertelo nun show emitido en streaming. O evento, impulsado pola plataforma #PonteLovers en colaboración coa firma Pontevedra Digital, desenvolverase na mesma data e horario que estaban previstos, é dicir, o sábado 26 de setembro pola tarde, entre as 17:00 e as 21:00 horas, pero cambiará o escenario da Praza de Ourense polo ‘plató’ da Casa da Luz.

Deste xeito, os distintos negocios participantes poderán exhibir os seus servizos e tratamentos a través do Facebook e a canle de Youtube do Concello de Pontevedra (Pontevédrate), así como nas redes sociais de #PonteLovers. O show estará conducido polo escritor Manel Loureiro e contará cunha presentación da concelleira Yoya Blanco, quen amosa a súa “ledicia por sacar adiante un evento que permite facer visible e poñer en valor un dos sectores máis castigados pola pandemia, nun formato tan seguro como creativo e que, sen dúbida, será tan ou máis atractivo como o previsto inicialmente”.

O horario das intervencións e exhibicións será o seguinte:

  • 17:05 a 17:30: ‘Recollidos con deseños de última tendencia 2020’, con New Style Estilistas. 
  • 17:30 a 18:00: ‘Unha formación con saída laboral’, Academia de Perruquería Rizo Belle.
  • 18:00 a 18:30: ‘Estética oncolóxica e micropigmentación facial paramédica e oncolóxica’, Liz Esperón. 
  • 18:30 a 19:00: ‘Caída do cabelo’, centro especializado en saúde capilar María José Pazos. 
  • 19:00 a 19:30: ‘Dámosche solucións as túas necesidades para que voltes a sorrir’, Perruquería Innova. 
  • 19:30 a 20:00: ‘A beleza e as uñas, non a calquera prezo’, The Nails Bar.
  • 20:00 a 20:30: ‘Skin fade and beard’, Jun Barber Shop. 
  • 20:30 a 20:50: ‘Recollido e maquillaxe de noiva acompañado de recollido de invitada moderno, xuvenil e natural’, Perruquería Dona Bela. 
  • 20:50 a 21:00: ‘Dende a súa fundación ata hoxe’, asociación de perruquería Máis que Cabelos.