Chihuahua coñece a experiencia de Pontevedra para elaborar o seu Plan de ordenación urbana

11

O Concello de Pontevedra mantivo esta tarde unha vídeoconferencia coa localidade mexicana de Chihuahua interesada en coñecer o modelo de cidade. O concelleiro de Infraestruturas e Mobilidade, César Mosquera atendeu ao equipo redactor do novo Plan xeral da cidade americana, que ten unha poboación superior aos 800.000 habitantes.

Chihuahua está inmersa en pleno proceso de redacción dunha normativa urbanística para a cidade e está a consultar as experiencias máis destacadas do mundo, tal e como llo fixeron saber ao concelleiro César Mosquera. Entre estas cidades contactadas está Pontevedra, á que requeriron información sobre o inicio do proceso da reforma urbana, as reaccións veciñais, a importancia da actividade económica, as medidas técnicas implantadas, o transporte público…