San Sebastián solicita a ordenanza de Mobilidade de Pontevedra

12

Á espera da publicación oficial da Ordenanza reguladora da mobilidade amábel e dos espazos públicos no Concello de Pontevedra aprobada polo pleno do Concello de Pontevedra o pasado luns, a nova incorporación ao Efecto PO2 xa empeza a ter percorrido máis aló dos lindes de Pontevedra.

Esta semana o Concello de San Sebastián púxose en contacto coa Alcaldía para solicitar o texto, polo que o Concello vén de remitirlle ao departamento de Mobilidade de Donostia a ordenanza.

A solicitude produciuse o martes no Marco da participación de Pontevedra na presentación do informe Horizonte C3: Ciudades casi cero da Fundación Maphre no que participaron os directores xerais de Alcaldía e Urbanismo, Infraestruturas e Obras e Seguridade cidadá.

Nese foro, o director xeral de Alcaldía, Xosé Manuel Tato comentou que Pontevedra viña de aprobar unha nova ordenanza de mobilidade e pasou a informar brevemente do seu contido.

Ao remate da reunión, o concello de San Sebastián interesado nesta nova norma “porque en Pontevedra sempre facedes cousas que son referencia”, indicaron dende o departamento de mobilidade, solicitaron á Alcaldía que se lle remitise a Ordenanza porque “estamos moi interesados en coñecela”.