Un bando regula o peche da rúa Raíña Vitoria

26
  • O Concello ten todo disposto para o seu peche a partir de mañá, ás 08.30 horas.

O Concello de Pontevedra ten todo disposto para o peche da rúa Raíña Vitoria, entre o estacionamento de Montero Ríos e a rúa Palamios. Na xornada de onte fixéronse os traballos para a colocación dos morróns a partir desta mañá ás 08.00 horas.

O alcalde de Pontevedra vén de asinar un bando no que acorda o peche ao tránsito rodado desta rúa da cidade no que se acorda o peche, a reordenación de estacionamento de Palamios e da contorna do centro de ensino.

Cabe lembrar que o peche de Raíña Vitoria obedece a ofrecer oportunidade ao centro de ensino a cumprir coas medidas de prevención Covid nas entradas e saídas do centro e tamén nos descansos, ampliando os espazos públicos destinados aos escolares no exterior.