O Concello actualiza as tarifas dos taxis nun 2,5%

36
  • Foi ditaminada favorablemente na Comisión de Réxime Interior e será aprobada no pleno municipal do luns.
  • A actualización é no quilómetro percorrido, na hora de espera e no traslado de bultos ou mascotas.

A Comisión de Réxime Interior, Participación, Persoal e Xustiza ditaminou favorablemente esta mañá, cos votos de todos os grupos municipais, a revisión das tarifas de taxi para o ano 2021 fixado nun 2,5% para o quilómetro percorrido, a hora de espera e o traslado de vultos e mascotas, tanto na tarifa 1 (diúrna) como na tarifa 2 (nocturna). Seguindo este criterio, as distintas modalidades de cobro quedan do seguinte xeito:

  • Tarifa 1

Baixada de bandeira: 1,90 euros (sen subida)

Quilómetro percorrido: 1,08 euros (coa suba do 2,5%)

Hora de espera: 19,73 euros (coa suba do 2,5%)

  • Tarifa 2

Baixada de bandeira: 2,12 euros (sen subida)

Quilómetro percorrido:  1,43 euros (coa suba do 2,5%)

Hora de espera: 21,97 euros (co suba do 2,5%)

  • Suplementos:

Vultos (maletas, baúles) mascotas: 0,55 euros (coa subida do 2,5%)

A tarifa 2 será de aplicación durante o horario nocturno que comezará ás 22.00 horas e remata ás 06.00 horas. Esta tarifa tamén será de aplicación os días festivos e os fins de semana que comezarán o sábado ás 15.00 horas e finalizará o luns ás 06.00 horas.

Este acordo será elevado ao pleno municipal do luns, 19 de outubro.