- O orzamento de contratación é de 91.499,99 euros e o prazo de execución de 1 mes
- Inclúe a rehabilitación integral do firme con plataforma única e a renovación da iluminación pública
A Xunta de Goberno vén de aprobar o expediente de contratación do proxecto de renovación do pavimento da rúa da Torre por un importe de 91.499,99 euros e un parazo de execución de 1 mes.
Esta intervención implica a rehabilitación integral do firme con plataforma única, o calmado do tráfico e a renovación da iluminación pública. O deseño desta intervención será similar ao das vías rurais de Pontevedra por ser o que mellor se adapta á configuración da rúa.
Esta obra, tal e como xa adiantara o concelleiro de Obras Urbanas enmárcase dentro do plan de actuacións no Barrio do Burgo que, entre as xa executadas, as que están en execución e as previstas no curto prazo, supoñen un investimento total de 2.850.000 euros.
Entre as rehabilitacións integrais neste barrio, ademais da rúa da Torre, convén lembrar que están previstas a reforma do parque de Pasarón e a reforma da rúa da Santiña para dotala de plataforma única e darlle un tratamento similar ao resto do Camiño de Santiago ao seu paso pola cidade, así como a reordenación do tráfico para limitalo ao estritamente necesario para o funcionamento do barrio.