Adxudicado o contrato de limpeza de dependencias municipais e instalacións deportivas

6
  • O contrato está dividido en dous lotes e en ambos a empresa adxudicataira é Ferrovial, por un prazo de 4 anos prorrogables por un máis
  • O lote de dependencias municipais ascende a 1.849.960,77 euros e o de instalacións deportivas a 861.714,73 euros

O Concello vén de adxudicar o contrato de limpeza de dependencias municipais e instalacións deportivas á empresa Ferrovial. Este contrato fora dividido en dous lotes e ambos foron adxudicados á mesma empresa por un prazo de 4 anos prorrogables por un máis.

O primeiro lote, correspondende a dependencias municipais, foi adxudicado por un prezo de 1.849.960,77 euros para os catro exercicios. Neste lote inclúese a limpeza 18 edificios administrativos e de servizos de emerxercias municipais: o edificio do Concello en Michelena 30, o Concello da Praza de España, as oficinas municipais do Teatro Principal, o chalet de Fontoira, a Casa Azul, o local de San Guillerme, a Casa da Luz, o edificio de Churruchaos, o local Jofre de Tenorio -xestión tributaria, o local da rúa Xulio Camba, o arquivo municipal, o antigo conservatorio, as dependencias da Policía Local, o parque municipal de Bombeiros, a sede de Protección Civil, a nave-almacén das brigadas municipais, e o centro de condutas aditivas e dependencias de Santa Clara. Inclúe, ademais, a escola infantil da Parda; os mercados municipais da rúa Serra, Virxe do Camiño, Fray Juan de Navarrete e Ponte Sampaio; e os cemiterios de San Mauro, Lourizán, Bora, Campañó e Ponte Sampaio. Por último, contempla 26 centros socias e culturais: o centro médico-biblioteca Ponte Sampaio, o Centro Sur, Monteporreiro, A Devesa, Pío-Bora, Cons-Mourente, Méan -o novo e o vello-, Tomeza, local social Xeve-antigo Concello, centro cultural San Roque, centro social do Gorgullón, centro social Leste, centros culturais Ponte Muíños e Ponte Sampaio, centro social de Salcedo, casa da cultura de Campañó-Cabaleiro, centros culturais de Sabarís, Canicouva, Salgueiral e Xeve-museo etnofráfico, a escola unitaria de Fragoso-local social, centro cultural de Santo André de Xeve, local social de Reariz e centros sociais de O Burgo e Estribela.

O lote 2, correspondente a instalacións deportivas, entre as que destacan o pavillón municipal e o Multiusos da Xunqueira, foi adxudicado por un prezo de 861.714,73 euros para os catro exercicios.