O Concello recibirá nos vindeiros días o documento do Plan de saneamento da ría

8
  • Os técnicos municipais estudarán o plan para ver as súas características técnicas e analizar se encaixa coas obras de saneamento xa realizadas ou en execución.

O Concello de Pontevedra participou esta mañá na reunión convocada pola Xunta de Galicia sobre o Plan de saneamento da ría de Pontevedra, que recibirá nos vindeiros días para que sexa analizada por parte dos técnicos municipais.

Ao remate da reunión telemática, a concelleira responsable do Ciclo da auga, Carme da Silva, que estivo acompañada do director xeral de Infraestruturas e obras, Jesús Gómez Viñas, explicou que a Xunta de Galicia leva 4 anos redactando este estudo, que fará chegar nos vindeiros días ao Concello, tanto o documento de síntese como as actuacións que propoñen facer no termo municipal.

Unha vez que se reciba o documento, será analizado polos técnicos municipais para coñecer as súas características técnicas, e para analizar se encaixa coas obras de saneamento xa realizadas ou en execución por parte do Concello nos últimos anos.