A cidade polaca de Poznan mira a Pontevedra para deseñar o seu desenvolvemento urbano

10
  • O alcalde participou hoxeno IV Foro de Desenvolvemento da Cidade xunto a outras urbes europeas como Viena, Amsterdam ou Oslo.
  • O Festival de Deseño de Poznan, celebrado o pasado mes de outubro, tamén solicitara o Metrominuto que se integrou a exposición principal da mostra como boa práctica de deseño para espazo público.

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, participa hoxe no IV Foro de Desenvolvemento da Cidade de Poznan, localidade polaca de máis de medio millón de habitantes. O foro está organizado polo Departamento de desenvolvemento da cidade e relacións exteriores do Concello de Poznan e pretende ser un espazo de diálogo entre residentes da localidade, o goberno local, os científicos e os participantes neste foro tanto de Polonia como do estranxeiro, co propósito de crear un espazo de intercambio de coñecementos e de boas prácticas.

O Concello de Poznan acordou convidar a Pontevedra pola transformación da cidade e a raíz de acadar o primeiro premio da Unión Europea de Seguridade Viaria Urbana; e decidiu estender o convite ao alcalde para “falar sobre a súa política e solucións no ámbito da cidade segura e sen accidentes”.

Miguel Anxo Fernández Lores participou neste foro de dous días que comeza hoxe cunha conferencia de 20 minutos sobre “Enfoque integrado da cidade desañado para as persoas”.

Nas xornada de hoxe tamén se estudan outras experiencias internacionais de Viena, Oslo ou Amsterdam.

Este evento estase transmitindo a través da web https://forumrozwojumiast.poznan.pl/2019/en/main-page/

Festival de Deseño de Poznan

Paralelamente, o Concello de Pontevedra recibiu neste outono a solicitude do Festival de Deseño de Poznan para reproducir o Metrominuto como un dos exemplos de boas prácticas do deseño pensado para o espazo público.

O Metrominuto formou parte, polo tanto, da exposición “Designing the City Together”, comisariada polo deseñador Paweł Grobleny e que foi inaugurada o pasado 25 de setembro.

Tratouse da exposición principal do Festival que, segundo recolle a propia web, compilaba exemplos de produtos, mobiliario urbano e estratexias urbanísticas implementadas nos últimos anos.