Corte de tráfico en Loureiro Crespo por mor das obras de reforma

26
  • A partires do martes e ata o venres permanecerá pechado o tramo comprendido entre as rúas Xosé Malvar e Gonzalo Gallas 

A partires do vindeiro martes, 10 de novembro, e ata o venres 13 pecharase ao tráfico o treito de Loureiro Crespo comprendido entre as interseccións coas rúas Xosé Malvar e Gonzalo Gallas, por mor das obras de reforma que se están levando a cabo neste vial. 

O acceso a garaxes realizase desde Gonzalo Gallas e para facilitar o acceso ás urxencias do Hospital Provincial permitirase acceder desde a rúa Cobián Areal.

Convén lembrar que as obras de reforma de Loureiro Crespo comezaran precisamente pola marxe dereita (dirección saída da cidade) do tramo que chega ata a rúa Doce de Novembro, marxe na que xa se repuxeron os novos servizos soterrados e se instalou o novo pavimento na beirarrúa que agora conta cun novo largo e novas zonas de estacionamento. Estes mesmos traballos son os que se están acomentendo neste momento na marxe esquerda deste mesmo treito.

Este proxecto de reforma, que inclúe tamén o barrio do Castañal, é unha das intervencións máis ambiciosas das proxectadas na cidade e conta cun orzamento de preto de 3 millóns de euros. A actuación comprende as rúas Ernesto Caballero, Forcarei, Amor Ruibal, Mestre Soutullo, Ramón Cabanillas e a praza das Regas, ademais da propia Loureiro Crespo. Implica a renovación da pavimentación e o largo das beirarrúas en varios puntos, ao tempo que inclúe a renovación de todos os servizos, a instalación de nova iluminación, novo mobiliario urbano, e a plantación de novas árbores en algúns dos treitos.