Máis de 100 expedientes listos para recibir as primeiras axudas Supera20

66

O Concello de Pontevedra dispón de 107 expedientes pechados das axudas a autónomos e micropemes, Supera20, segundo explicou esta mañá a concelleira de Promoción da Cidade, Anabel Gulías quen adiantou que a finais do mes de novembro, o Goberno pretende convocar unha Xunta de Goberno que aprobe as axudas concedidas.

A liña de subvencións recibiu 212 solicitudes, delas 107 están revisadas, e das que están pendentes de completar, resolveranse nas vindeiras semanas, para poder abonalas antes de final de ano.

Pendentes de coñecer a contía global das axudas, a concelleira avanzou que das 107 revisadas, recibirán a totalidade da contía que solicitaron.

O Goberno Local destaca que estas axudas amosáronse como unha ferramenta eficaz para dinamizar a economía local e para que as empresas dispuxesen de liquidez e está  moderadamente satisfeito con esta primeira acollida. Tamén avanzou que no caso de que fose necesario, o Concello podería sacar unha segunda convocatoria das axudas.