#PonteLovers activa o seu directorio de negocios con servizo de comida a domicilio e recollida en local cunha lista inicial de 22 establecementos

95
  • Yoya Blanco lembra que se trata dunha “lista viva” e que “todos os que queiran incorporarse poden facelo a través dos correos ‘pontehoempo@gmail.com’ e ‘administracion@proxectoiles.es’”
  • O directorio impulsado por Promoción Económica e Hoempo poderá consultarse no marketplace ‘E-Ponte.com’ e nas redes sociais de #PonteLovers, do Concello e doutros colectivos empresariais

A Concellería de Promoción Económica e a Asociación de Empresarios Hosteleiros de Pontevedra (Hoempo), a través da plataforma #PonteLovers e en colaboración cos colectivos empresariais da cidade, veñen de activar o seu directorio de establecementos que, durante este período de peche obrigatorio, ofertan  servizos de envío de comida a domicilio ou recollida en local. A lista inicial, que xa pode consultarse no marketplace ‘E-Ponte.com’ e nas redes sociais de #PonteLovers, do Concello, do Proxecto Iles e de diversos colectivos empresariais, conta con 22 establecementos, entre bares, cafeterías, restaurantes e panaderías, se ben, tal e como lembra a concelleira socialista Yoya Blanco, se trata “dun directorio de ‘delivery’ e ‘take away’ vivo, ao que se irán sumando outros moitos negocios que xa amosaron o seu interese en facelo”.

Na lista podemos atopar os seguintes establecementos: A Fervella (O Mercado), Asador O Fanal (Arcebispo Malvar), Bar Estrella (rúa Figueroa), Bar Praza (O Mercado), Cookela (Nostramo Lourido), Crepería Cre-Cottê (rúa Real), El Patio Kinder Bar (Virxe do Camiño), Feitizo Mediterráneo (Padre Luis), Hortasán (O Mercado), La Espuela (rúa Figueroa), Marco-Cafetería Tapería (rúa Castelao), Meu Bakery & Coffee (Marqués de Riestra), O Muelle (Praza do Muelle), O Paisaniño (rúa Moldes, Mourente), Panadería Adevesa SL (polígono industrial de O Campiño), Pumpernickel (Sagasta), Restaurante Alcrique (Joaquín Costa), Rincón Mexicano (rúa Nova de Arriba), Sirius (Praza da Curtidoira), Taberna Zentola (rúa Charino), Tío Gilito Burger Bar (rúa Herreros/rúa da Estrada) e Umami Poke (O Mercado).

Todos aqueles que queiran sumarse ao directorio poderán facelo cubrindo un formulario que se está a distribuír mediante correo electrónico e whatsapp tanto dende a Concellería de Promoción Económica como dende Hoempo e doutros colectivos como a Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE), a Asociación da Mediana e Pequena Empresa (Aempe), Centro Comercial Urbano Zona Monumental (CCU ZM) e a Cámara de Comercio. No formulario poderán incluír datos dos seus establecementos (nome, enderezo, teléfono e web), de contacto (nome, teléfono e correo electrónico) e dos servizos ofertados ou que se desexan ofertar. “Esta información deberá remitirse aos correos electrónicos ‘pontehoempo@gmail.com’ e ‘administracion@proxectoiles.es’”, apunta Yoya Blanco. 

Segundo constata a concelleira de Promoción Económica, “no caso de que os establecementos non teñan aínda entrega a domicilio e queiran dispoñer dela, #PonteLovers ofreceralles tamén axuda e asesoramento para poder adaptarse e respostar así á situación imposta polas restricións sanitarias”.

Poden consultar tódolos datos dos negocios rexistrados no directorio a través do seguinte enlace:

https://proxectoiles.eu/PONTEemprego/COVID-19/Base%20datos%20restaurantes/Restaurantes%202000%20v1.0.pdf