Subvención para a renovación de electrodomésticos. Convocatoria 2021.

454

AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a renovación de electrodomésticos, en réxime de concorrencia non competitiva, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria para a anualidade 2021 (códigos de procedemento IN414B e IN414C). VER DOCUMENTO

Prazo para solicitar a axuda: 20/04/2021 ata o 30/09/2021.

Máis información:
Na páxina web do Inega (www.inega.gal) e no correo electrónico (inega.info@xunta.gal). No teléfono 981 54 15 00.
Presencialmente no Inega (rúa Avelino Pousa Antelo, 5, San Lázaro, 15703 Santiago de Compostela), con cita previa no teléfono 981 54 15 00.