Convócanse distintas liñas de axudas para actuacións de rehabilitación para o ano 2021.

521

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO (IGVS)

Resolución do 5 de marzo de 2021 pola que se convocan distintas liñas de subvencións para actuacións de rehabilitación para o ano 2021 (códigos de procedemento VI422E, VI408H, VI408N, VI422F e VI406A).


EXTRACTO da Resolución do 5 de marzo de 2021 pola que se convocan distintas liñas de subvencións para actuacións de rehabilitación para o ano 2021 (código de procedemento VI422E, Programa de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas do Plan 2018-2021).

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións dos programas de fomento de mellora da eficacia enerxética e sustentabilidade e de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas do Plan estatal de vivenda 2018-2021, e se convocan para o ano 2019, con carácter plurianual (código de procedemento VI422E).

Prazo para solicitar a axuda de conservación mellora seguridade e accesibilidade: do 23/03/21 ata o 22/04/2021 (1 mes).


EXTRACTO da Resolución do 5 de marzo de 2021 pola que se convocan distintas liñas de subvencións para actuacións de rehabilitación para o ano 2021 (código de procedemento VI408H, Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan de vivenda 2018-2021, correspondente ás áreas de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago e do Parque Nacional das Illas Atlánticas).

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2019 pola que se regula o procedemento para participar no Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan de vivenda 2018-2021 e se establecen as bases reguladoras das subvencións correspondentes ás áreas de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago e do Parque Nacional das Illas Atlánticas (códigos de procedemento VI408F e VI408G).

Prazo para solicitar a axuda para as ARI´s dos cmños. de Santiago e Illas Atlánticas: do 23/03/21 ata o 30/09/21.


EXTRACTO da Resolución do 5 de marzo de 2021 pola que se convocan distintas liñas de subvencións para actuacións de rehabilitación para o ano 2021 (código de procedemento VI408N, Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan 2018-2021, correspondente á área de rehabilitación integral da Ribeira Sacra).

RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2020 pola que se regula o procedemento para participar no Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan estatal de vivenda 2018-2021, e se establecen as bases reguladoras das subvencións correspondentes á área de rehabilitación integral da Ribeira Sacra (códigos de procedemento VI408L, VI408M e VI408N).

Prazo para solicitar a axuda para a ARI da Riveira Sacra: do 23/03/21 ata o 30/09/21.


EXTRACTO da Resolución do 5 de marzo de 2021 pola que se convocan distintas liñas de subvencións para actuacións de rehabilitación para o ano 2021 (código de procedemento VI422F, Programa de subvencións para rehabilitar edificacións e vivendas de titularidade municipal para destinalas ao alugamento social, con carácter plurianual).

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras aplicables á concesión das subvencións para rehabilitar edificacións e vivendas de titularidade municipal con destino ao alugamento social (código de procedemento VI422F).

Prazo para solicitar a axuda para a rehabilitación edificación e vivendas de titularidade municipal en Concellos <20.000 hab.: do 23/03/21 ata o 30/04/21.


EXTRACTO da Resolución do 5 de marzo de 2021 pola que se convocan distintas liñas de subvencións para actuacións de rehabilitación para o ano 2021 (código de procedemento VI406A, Programa de infravivenda).

ORDE do 23 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras aplicables á concesión das subvencións do Programa de infravivenda do Plan RehaVIta: Plan galego de rehabilitación, alugamento e mellora de acceso á vivenda 2015-2020.

Prazo para solicitar a axuda programa infravivenda en Concellos de <10.000 hab.: do 23/03/21 ata o 30/04/21.


Máis información:
Páxina web do IGVS (sede.xunta.gal)