Sostemento de Espazos Públicos inicia o acondicionamento do mobiliario urbano da praza de Galicia

21
  • A Concellaría de Sostemento de Espazos Públicos vén de comezar coa revisión e arranxo dos bancos da praza de Galicia, tras rematar de acondicionar os do paseo peonil da avenida de Marín

A Concellaría de Sostemento de Espazos Públicos Urbanos, xestionada por Eva Vilaverde, continúa cos traballos de posta a punto de determinados espazos da cidade nos que se prevé se incremente o seu uso coa chegada do bo tempo, como é o caso da praza de Galicia. Nesta zona, estase a proceder á revisión e arranxo da totalidade dos bancos, traballos que deron comezo o pasado xoves.

Esta actuación supón lixar todos os bancos, substituír as táboas ou elementos que estean en mal estado e volver a pintalos. Dos aproximadamente 40 bancos da praza de Galicia, veñen de retirarse 25 para reparalos nun taller ante a previsión de choiva anunciada para a fin de semana. Está previsto que ao longo da vindeira semana, segundo se vaian acondicionando se vaian colocando de novo na súa ubicación orixinal para pasar a revisar e arranxar os que faltan.

Estas tarefas o veñen sumarse aos traballos habituais de revisión de itinerairos peonís que continúan de xeito ordinario por toda a cidade, con especial incidencia nas rúas de preferencia peonil, co obxecto de subsanar todos os desperfectos ocasionados polo seu uso continuado, pola climatoloxía ou por outros factores. Precisamente na contorna da praza de Galicia, concretamente na rúa Augusto García Sánchez, se realizara a comezos de ano un importante labor de mantemento preventivo coa reparación e substitución de máis de 250 lousetas.

Convén lembrar que desde a área de Sostemento de Espazos Públicos, neste mes de abril, se deu comezo a unha exhaustiva revisión do paseo peonil de Beiramar co obxecto de ter acondicionado un dos itinerarios que máis volume de tránsito peonil soporta na cidade e que se prevé se incremente a partires da primavera. Nesta zona, xa están  revisados e arranxados os bancos do paseo da avenida de Marín situados a ambas marxes, e xa se revisaron as lousetas e substituíron as deterioradas no tramo comprendido entre a rotonda de Malvar e a ponte das Correntes