- Só se autorizan cacharelas en espazos particulares nos que se garantan as medidas sanitarias vixentes
O Concello de Pontevedra vén de pechar o prazo para presentar comunicación para a celebración de fogueiras de San Xoán en espazos particulares. En total foron 100 as comunicacións presentadas polas tres vías implementadas: por sede electrónica, no Rexistro Xeral do Concello e presencialmente na Policía Local.
Este ano, como xa acontecera en 2020, e por causa das restricións derivadas da crise sanitaria, o Concello non autoriza fogueiras comunitarias que empreguen o espazo público ao entender que aínda non se poden garantir as medidas sanitarias e de seguridade habituais destas celebracións.
Ao respecto das fogueiras en espazos particulares, o Concello manten os protocolos de anos anteriores sobre a seguridade, pero tamén esixirá que se garantan as medidas sanitarias fixadas pola Xunta de Galiza.