Os alumnos do IES Sánchez Cantón pechan a xincana ‘Xogando a descubrir Pontevedra’ e o curso académico con festa e unha entrega de premios presidida por Tino Fernández e Yoya Blanco

94

Cunha explosión de xúbilo e festa pecharon os alumnos da ESO do IES Sánchez Cantón na avenida Raíña Vitoria a xincana ‘Xogando a descubrir Pontevedra’, coa que se despediron do curso académico. O tenente de alcalde e concelleiro de Educación, Tino Fernández, e a concelleira de Promoción Económica, Turismo e Universidade, Yoya Blanco, fixeron de mestres de cerimonia do acto de entrega de premios deste xogo de orientación, cuxos vencedores foron os seguintes grupos: 

  • 1º ESO: 1ºG – Cuerpo de Exploración
  • 2º ESO: 2ºA – As Gárgolas
  • 3º ESO: 3ºA – Tumadre
  • 4º ESO: 4º B – La Luz
  • Premio Especial: 4ºC – Pizza sen Piña