Recepción ao equipo feminino e a Judith Covas do Tenis de Mesa Monte Porreiro

11

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores e o tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Tino Fernández recibiron esta mañá ao equipo feminino de tenis de mesa Monte Porreiro que acadou a medalla de bronce no Campionato de España, e a Judith Covas que acadou a prata no Campionato de España Sub23.

O alcalde deulles os parabéns polos seus logros e por estar xogando a tanto nivel a pesar de todos os impedimentos que causan as circunstancias que se están a vivir. Pediulles que continúen a adestrar co mesmo entusiasmo e a seguir deixando o nome de Pontevedra a tan alto nivel.

O alcalde sinalou os resultados que está a acadar o deporte feminino en Pontevedra, do que o Monte Porreiro Tenis de Mesa é un dos exemplos máis destacados.