A Feira de Artesanía Chalana volve ao Paseo Odriozola nas festas de verán

21
  • Estará aberta dende hoxe e até o día 3 de agosto en horario de mañá e de tarde.

Coas Festas de verán chega a Pontevedra a Feira de Artesanía Chalana, que como todos os anos estará instalada no Paseo de Odriozola. Abriu as súas portas nesta mañá.

As persoas que queiran achegarse até os 14 stands que integran a Feira poderán facelo até o vindeiro 3 de agosto en horario de 11 a 14 horas e de 19 a 22.30 horas.

Nesta ocasión artesáns achegados de todas partes do Estado ofrecerán artesanía en coiro, xoguetes, tecidos, instrumentos musicais, esmaltes, cunchas mariñas, macramé, pintura, aloevera e xoiería.