O alcalde deséxalle sorte na súa marcha a Ignario Cuartero, director da Escola Naval Militar de Marín

24

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, mantivo unha reunión durante a maña deste venres 23 de xullo con Ignacio Cuartero, comandante-director da Escola Naval Militar de Marín, con motivo da súa marcha ao fronte deste cometido.

O alcalde quixo transmitirlle sorte na súa nova etapa, dentro do Estado Maior da Armada, logo de catro anos dirixindo a Escola marinense.