Comezan as tarefas de limpeza dos dous espazos arqueolóxicos 
da cidade

14

Están a ser realizados traballos manuais nas estruturas arqueolóxicas do Campiño de Santa María, para logo continuar na praza de Valentín García Escudero

Esta semana comezaron os traballos de limpieza dos dous espazos arqueolóxicos da cidade. O Campiño de Santa María e a praza de Valentín Garcia Escudero serán obxecto dunha limpieza manual ao longo dos vindeiros días. 

Os traballos afectan só ás propias estruturas arqueolóxicas e á contorna máis inmediata, e consisten na retirada de vexetación e na limpieza manual. No caso da praza de Valentín García Escudero procedeuse á limpeza do xacemento que inclúe os vestixios da Ponte do Burgo mediaval, un tramo de muralla do século XVI e o malecón portuario do XV, así como á retirada de lixo acumulada neste espazo. No caso do Campiño de Santa María, os labores de limpeza atinxiron aos restos medievais do paño da muralla e da casa torre dos Montenegro.

Todos os traballos están a ser realizados baixo a supervisión e indicacións do técnico municipal de patrimonio cultural coa idea de non provocar ningún tipo de alteración nos muros de ambos os dous conxuntos.

Esta é a segunda e derradeira actución neste ano co obxectivo de manter no tempo en boas condicións os dous espazos, tanto atendendo á conservación como á visibilidade estética.