Yoya Blanco fai entrega dos premios de 600 euros aos tres establecementos comerciais gañadores do concurso de escaparatismo de O Meu Compromiso: El Granero, Peluquería Ana Barros e Pepa y Punto

30

A concelleira de Promoción Económica, Yoya Blanco, vén de entregar os premios de 600 euros aos tres establecementos comerciais gañadores do concurso de escaparatismo organizado no marco da campaña O Meu Compromiso, impulsada polo departamento que dirixe a socialista en colaboración coa Deputación Provincial para fomentar a concienciación medioambiental e o emprego de materiais ecolóxicos nos decorados, así como a aposta polo comercio de proximidade. En base ás calificacións dun xurado composto polo deputado provincial Santos Héctor Rodríguez; o técnico do Servizo de Promoción Económica Francisco López Sieiro, e a general manager de Sra. Nona Brand, Noemi de Miguel, os galardóns recaeron en El Granero, Peluquería Ana Barros e Pepa y Punto.


No concurso participaron un total de 42 establecementos, distribuídos por tres zonas distintas: 7 representantes da zona 1, de materiais reciclables, próximos ao punto de Rosalía de Castro (Piliña Vivancos, Mission Surf Shop, Mundo Verde, Xoiería Palamios, Viajes Eroski, La Ventana Natural Herbolario e Expendiduría 19), 21 da zona 2, de fibras naturais, do contorno da Praza de Ourense (La Artesa, Amo Galicia, Pilar Delmas Filgueira, Mercería Jota, Carnaby, Fentos, Joyería Martínez Vilanova, Milagros Molero, Calzados El Precio Justo, Óptica Lafuente, Lanas Teresa Tobío, Sunset Pontevedra, Peluquería Ana Barros, Ricar, A3 Papelería Técnica, Zapatillería Mora, Casa Sada, Dequip Pontevedra, POT, Centro Especial de Empleo Emeene e Ecosabor) e 14 do da zona 3, de plantas e madeiras, da área de Loureiro Crespo (Espazo Lector Nobel, Comercial Minia, Liz Esperón, M de Mamá, Mister Baby, Macos Moda Hombre, Frutería Sonia, Fentos Joyería, El Desván, Pepa y Punto, Librería Depapeis, María José Lois ‘Cuaderna Maestra’, Sube Aminube e Lawen Art Studio).