Posta a punto dos cemiterios municipais para o día de Todos os Santos

28

Nestas semanas realízanse reforzos no traballo habitual de mantemento diario nos camposantos, ben sexan de xardinería, limpeza, retirada de entullos, asfaltados…

O Concello de Pontevedrá está a realizar nestas semanas un plan de reforzo do mantemento diario dos cemiterios municipais co propósito de telos en boas condicións de uso e de recepción de visitantes de cara ao día de Todos os Santos, que se celebra o 1 de novembro. Estas medidas acompañaranse doutras como o reforzo de limpeza e recollida de lixo nos camposantos do concello ou o plan de tráfico no ámbito dos cemiterios de San Amaro e de Lérez, que se activará o mesmo 1 de novembro.

O departamento que xestiona a concelleira Carme Fouces, está a desenvolver traballos de xardinería, limpeza, roza en San Amaro, Bora, Campañó, Lourizán e Ponte Sampaio. As actuacións que se están a realizar son:

  • Poda das árbores e tala das que se atopen en mal estado.
  • Poda de sebes e plantas (camelias, rosas, etc..)
  • Corte da herba.
  • Roza da parcela de 5.000 m2 do Cemiterio de San Amaro. 
  • Plantación de plantas de tempada.
  • Chorreo con auga a presión da zona pavimentada dos cemiterios.
  • Limpeza de elementos de mobiliario e outros.
  • Limpeza dos canles de recollida de auga.
  • Arranxo das fochas nas rúas de terra dos cemiterios.
  • Revisión das tapas de rexistro existentes nos cemiterios e reposición das necesarias. (Este traballo que se realiza ao longo de todo o ano cobra maior importancia o Día de Defuntos pola grande afluencia de xente aos cemiterios, co fin de evitar tropezos, caídas, etc…). 
  • Reposición da iluminación pública.
  • Outros traballos de mantemento xeral, que poidan ser detectados.

Tamén se realizou nesta semana o bacheado da rúa San Amaro, a que se achega ao cemiterio máis concurrido do Concello, para resolver pequeños problemas do pavimento.

Igual de importante é o reforzo do servizo de limpeza nos camposantos de Pontevedra, que nestas semanas incrementan o número de colectores para recoller os residuos que aumentan considerablemente debido á limpeza que realizan os particulares dos seus nichos ou panteóns.

Ademais, o servizo de recollida de lixo está a realizar unha recollida diaria nestes días previos ao 1 de novembro para que estes espazos dean servizo aos veciños e veciñas de Pontevedra que se achegan aos camposantos.