O Pontevedra CF estrea no campo de fútbol de Xeve o precursor lanzabalóns patentado polo pontevedrés Diego Roel

548

O tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Tino Fernández, e o concelleiro de Benestar Social, Marcos Rey, estiveron onte no campo de fútbol de Gatomorto, en Xeve, para asistir ás probas e gravacións de vídeos demostrativos do prototipo para lanzar balóns a terreos de xogo desenvolvido polo pontevedrés Diego Roel. Este precursor sistema, especialmente pensado para protexer o fair play e facilitar a desinfección das pelotas neste contexto de Covid-19, foi testado coincidindo cun adestramento dos xogadores do Pontevedra Club de Fútbol.


O prototipo da máquina de Roel, que supón unha auténtica revolución neste eido, xa foi patentado a nivel nacional e internacional coa mellor nota posible e agora aspira a entrar no plan de innovación da Fifa e a comezar a instalarse en campos de fútbol de todo o mundo. A Concellería de Deportes colaborou co proxecto na achega de medios humáns e materiais para a realización das gravacións nas instalacións deportivas municipais de Gatomorto, en coordinación co Pontevedra Club de Fútbol.