Os responsables dos comercios participantes na exposición fotográfica do obradoiro Namórate de Ti posan coas imaxes das súas protagonistas

88

A exposición fotográfica do obradoiro Namórate de Ti, impulsado pola Concellería de Igualdade e o Centro de Información á Muller (CIM) en colaboración coas artistas Patricia Maquieira e Tegra Gómez co gallo do 25N, clausúrase esta semana e, con tal motivo, os responsables dos 16 comercios das rúas Castelao e Cruz Gallástegui que acollen a mostra nos seus escaparates quixeron fotografarse coas imaxes que a compoñen. 


A exposición artística aínda pode contemplarse nos escaparates de Naty (tenda de roupa), Carlos Pons (perruquería), Doce Óptica, Alain Afflelou Óptico e Audiólogo, Cordal (agasallos), Tito de la Peña (perfumería), Desigual, Ali Móviles, Dicenfot SL, Chicco, La Mattina, Belén García Íntimo, Clikrs, Decoración Cordal, Daser Fotografía e Atmósfera Sport. A mostra foi o colofón duns talleres desenvolvidos de xeito gratuíto na Casa Azul durante os días 6, 7, 13 e 14 de outubro e que serviron para fomentar o empoderamento feminino e a autoestima dun grupo de mulleres a través da fotografía, así como a plena liberdade de pensamento e expresión.