A obra para dotar ao pavillón do CEIP San Benito de Lérez de novo pavimento deportivo será executada pola empresa Mondo Ibérica cun investimento de 53.583,91 euros

18

A empresa Mondo Ibérica SAU será a encargada de executar o proxecto para a subministración e instalación de novo pavimento deportivo no pavillón do CEIP San Benito de Lérez. Á hora de efectuar a súa proposta de adxudicación, a mesa de contratación tivo en conta a ampliación do prazo de garantía de 10 a 12 anos e a diminución do prazo de execución dos traballos, que nas bases se sitúa en 8 semanas e que se reduciría en 4 semanas (quedando así en só un mes desde o inicio das actuacións), valorando tamén o feito de que se contemple como mellora a inclusión de color secundario nas áreas de balonmán/fútbol sala. A oferta supón ademais unha lixeira baixa a nivel económico, de 54.199,68 a 53.583,91 euros (do 1,136%).


Segundo explica o tenente de alcalde e concelleiro de Deportes e Educación, Tino Fernández, esta intervención “permitirá dotar ao pavillón do CEIP San Benito de Lérez dun pavimento deportivo prefabricado a base de caucho natural e sintético, calandrado e vulcanizado, instalado sobre una lámina estabilizadora e amortecedora de 4,7 mm”. “Trátase dun tipo de superficie testado conforme á norma EN 14904 (“Superficies deportivas – Chans deportivos multiúsos de interior”, Clase P1), con homologación das federacións de balonmán, baloncesto e fútbol sala (FIBA Certificate of Approval for Synthetic Flooring Category, Competition Level 2, IHF Certificate of Approval for Synthetic Floorings, FIFA Quality Programme for Futsal Surfaces – FIFA Laboratory Test Report n. 114679)”.