O tenente de alcalde, Tino Fernández; o concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural, Iván Puentes; a concelleira de Promoción Económica e Turismo, Yoya Blanco, e a concelleira responsable da parroquia, Pilar Comesaña participaron esta mañá no Centro Social de Cerponzóns ao acto de entrega de árbores da campaña de recollida de residuos perigosos, impulsada pola Asociación de Veciños O Chedeiro en colaboración coa Concellería de Desenvolvemento Sostible. A iniciativa permitiu recoller máis de 3.000 pilas e cartuchos.
Inicio Novas