Marcos Rey clausura os obradoiros do curso Criar Felices, desenvolvidos co obxectivo de axudar a nais, pais e coidadoras/res de nenas e nenos de 0 a 6 anos a reducir os seus niveis de estrés na crianza dos pequenos

30

O concelleiro de Benestar Social, Marcos Rey, clausurou esta mañá na Casa Azul o curso Criar Felices, desenvolvido polo Concello co obxectivo de axudar a nais, pais e coidadoras/es de nenas e nenos de 0 a 6 anos a reducir os seus niveis de estrés na crianza dos pequenos e buscar o correcto desenvolvemento infantil, o coidado da saúde emocional dos proxenitores e a instauración de fundamentos estables nas familias. Os talleres deste curso foron impartidos de xeito gratuíto pola empresa de coaching Fuera de Caja durante os meses de novembro e decembro, dúas veces por semana, con dúas quendas por xornada (de mañá e de tarde) e unha decena de participantes por quenda. 


Os asistentes aos obradoiros aprenderon a reducir a sensación de estrés que experimentan, controlar mellor os seus nervios e ansiedade, desfacerse do sentimento de culpa, entender mellor as súas emocións, coidarse para ter máis enerxía e organizar mellor o tempo coas crianzas na casa, e en definitiva, a sentirse máis felices e realizados e compartir esa felicidade coas súas familias.

Tal e como lembrou Marcos Rey, “o curso estivo especialmente destiando a aquelas familias con menos recursos, xa que é responsabilidade dos poderes públicos apoialas coas medidas axeitadas, fomentando a conciliación e a corresponsabilidade entre homes e mulleres”.