Xeración Sónica súmase ás Festas co seu concerto de Nadal

37

Será mañá na praza de Ourense no que participarán 25 rapaces e rapazas de entre 13 e 17 anos que forman 6 bandas distintas.

Será plato forte da programación de Nadal de mañá, que tamén se achega a Rosalía de Castro, ao Local social do Gorgullón e ao Pazo da Cultura co concerto da Banda de Música de Pontevedra.

A programación de Festas ofrece mañá o concerto de Nadal do proxecto Xeración Sónica que xestiona a Concellaría de Xuventude. Neste concerto participan 25 rapaces e rapazas con idades comprendidas entre os 13 e 17 anos, que integran seis bandas distintas: unhas noveis e outras cunha traxectoria de un par de anos de andaina.

O concerto de Xeración Sónica será na praza de Ourense ás 19.00 horas. Tocarán tres bandas que comezaron a súa andaina o ano pasado: Haku, Froalla e Simpsonhead que interpretarán temas que publicarán o vindeiro ano, e tres bandas noveis: Caronte, Diplodocus e Galirock.

O espectáculo mesturará estilos que van dende o rock, ao pop, electrónica, hip hop ou experimental e amosará o futuro da escea da música da cidade de Pontevedra.

Pódense escoitar os temas de Xeración Sónica neste enlace: Xeración Sónica Vol.2

Ademais, a programación de Nadal ofrece mañá

  • O espectáculo Frosty en Rosalía de Castro a partir das 12.00 horas.
  • O Local social do Gorgullón acolle, ás 17.00 horas, o espectáculo Vaia Frío!
  • Xa ás 20.30 horas a música trasladarase ao Pazo da Cultura onde se celebrará o tradicional concerto da Banda de Música de Pontevedra.

O día de Noiteboa as propostas de Nadal trasládanse 

  • Á parroquia de Ponte Sampaio onde se celebrará o espectáculo Burbullas do Nadal a partir das 16.30 horas no Local Social.
  • Tamén Casa da Cultura de Cons-Mourente volverá a representarse Vaia Frío! A partir das 17.00 horas.

Hoxe está previsto o Concerto da Banda de Música de Salcedo no Pazo da Cultura a partir das 20.30 horas.