A maxia chega mañá á programación de Nadal co Magomóbil

30

O Mago Antón ofrecerá 28 espectáculos nos vindeiros 4 días no paseo de Montero Ríos. A entrada será de balde até completar aforo.

Mañá a programación de Nadal tamén inclúe espectáculos nas parroquias de Bora e Santo André, así como o concerto do Seminario Permanente de Jazz no Teatro Principal.

De camiño ao aninovo e logo do concerto de Xeración Sónica, a Concellaría de Festas volve a encher ás rúas da cidade e os centros culturais das parroquias e dos barrios con música, espectáculos e maxia -o prato forte da semana entrante-, incluídos dentro da programación de Nadal.

O Magomóbil do Mago Antón será o encargado de levar á ilusión aos máis cativos e cativas nestas datas. Instalarase no paseo de Montero Ríos mañá, 26 de decembro, e repetirá os espectáculos luns, martes e mércores.

Ofrecerá sete pases diarios, 28 en total, abertos a todos os públicos e con entrada de balde até completar aforo. A máscara será de uso obrigatorio.

Os espectáculos serán ás seguintes horas: 12.00 h., 13.00 h., 17.00 h., 18.00 h., 19.00 h., 20.00 h. e 21.00 h.

Tamén mañá, 26 de decembro, o espectáculo e a música volve ás rúas do centro histórico coas actuacións de:

  • Street Banda Nadal, que fará pases ás 12.00 h. e ás 17.00 h. Por todo o centro histórico.
  • White Queen tamén desfilará polas rúas do centro histórico ás 19.00 horas.
  • Xa ás 21.00 horas o Teatro Principal acolle o Festival de Nadal do Seminario Permanente de Jazz con entrada de balde até completar aforo.

Nas parroquias os espectáculos e a música chegan mañá pola tarde a:

  • Pío – Bora, ás 17.00 h. Co espectáculo Vaia frío!
  • Santo André de Xeve, ás 17.00 horas co espectáculo A luz do Nadal.