Música, obradoiros e espectáculos de Nadal mañá en todos os barrios de Pontevedra

90

Loureiro Crespo, Amalia Álvarez, os centros Sur e Leste ou o Local Social do Burgo, escenarios das propostas de Nadal planificadas pola Concellaría de Festas para mañá.

A renovada rúa Loureiro Crespo, o parque Amalia Álvarez, o Centro Sur, o Centro Leste ou o Local social do Burgo serán mañá os escenarios das actividades de Nadal. Os barrios da cidade teñen especial protagonismo na programación da Concellaría de Festas que planifica nestas datas actividades para todos currunchos do Concello. De feito as parroquias de Lérez, Campañó, Bora e Mourente súmanse mañá ás propostas de lecer.

O martes, 28 de decembro, a Concellaría de Festas programa 18 espectáculos e actividades distintas por todo o concello. A programación é a seguinte:

  • Rúa Loureiro Crespo. 12.00 horas e 17.00 horas Street Band Nadal
  • Centro Histórico. 12.00 horas O Mundo do Circo
  • Parque Amalia Álvarez. 16.30 Obradoiros de Nadal (baixo carpa), música e animación de rúa.
  • Lérez. Local Social. 17.00 horas. Burbullas do Nadal
  • Centro Sur. 17.00 horas. A luz do Nadal.
  • Cons – Mourente: Local social. Ás 17.00 horas. Maxia Cómida O Rei Midas.
  • O Salgueiral – Bora. Local Social. 17.00 horas. O Soño de Fifo.
  • O Burgo. Local Social. 17.00 horas. Vaia Frío!.C
  • Centro Leste. Local social. 17.00 horas Un Nadal cheo de contos.
  • Campañó. Local social. Ás 19.00 horas. Alucina a cargo do mago Javier Muro

Mago Antón

O Mago Antón continúa no Paseo de Montero Ríos co seu Magomóbil ofrecendo 7 pases diarios abertos a todos os públicos e con entrada de balde até completar aforo. A máscara será de uso obrigatorio.

Poboado Tempo de Nadal

Xunto ás actividades, a Concellaría de Festas mantén o Poboado Tempo de Nadal na Ferraría que nestes días cambiou a súa proposta de produtos de decoración de Nadal por agasallo pensando no día de Reis. 

Os visitantes poden sacar as mellores imaxes do Nadal de Pontevedra para felicitar as festas e o Aninovo, e tamén deixar as cartas ás súas maxestades de Oriente no buzón instalado dentro do poboado.

O poboado estará aberto até o 5 de decembro en horario de mañá e de tarde.