Os obradoiros de Nadal achéganse mañá a Campolongo

33

Mañá rematará o espectáculo do Mago Antón en Montero Ríos que ofrece sete pases diarios de balde no Magomóbil.

A Concellaría de Festas continúa adiante coa programación de actividades de Nadal por todos os barrios e parroquias da cidade, ademais de manter aberto o Poboado de Tempo de Nadal na Ferraría e as actuacións de maxia no Magomóbil do Mago Antón que rematan mañá.

O mércores, 29 de decembro, a Concellaría de Festas programa espectáculos e actividades distintas por todo o concello. A programación é a seguinte:

  • Praza de Barcelos e Santa Clara. 12.00 horas e 17.00 horas Street Band Nadal
  • Praza da Constitución. 12.00 Obradoiros de Nadal (baixo carpa), música e animación de rúa.
  • Centro Histórico. 17.00 horas. O séquito do carteiro real.
  • Estribela. Local Social. 17.00 horas. Globotolo
  • A Devesa – Alba. Local social. Ás 17.00 horas. Alucina a cargo do mago Javier Muro
  • Cerponzóns. Local Social. 17.00 horas. A luz do Nadal.
  • Santa María de Xeve. Local Social. 17.00 horas. O Soño de Fifo.

Mago Antón

O Mago Antón continúa no Paseo de Montero Ríos até mañá, 29 de novembro co seu Magomóbil ofrecendo 7 pases diarios abertos a todos os públicos e con entrada de balde até completar aforo. A máscara será de uso obrigatorio.

Os espectáculos serán ás seguintes horas: 12.00 h., 13.00 h., 17.00 h., 18.00 h., 19.00 h., 20.00 h. e 21.00 h.

Poboado Tempo de Nadal

Xunto ás actividades, a Concellaría de Festas mantén o Poboado Tempo de Nadal na Ferraría que nestes días cambiou a súa proposta de produtos de decoración de Nadal por agasallo pensando no día de Reis. 

Os visitantes poden sacar as mellores imaxes do Nadal de Pontevedra para felicitar as festas e o Aninovo, e tamén deixar as cartas ás súas maxestades de Oriente no buzón instalado dentro do poboado.

O poboado estará aberto até o 5 de decembro en horario de mañá e de tarde.