Pontevedra despide o ano con maxia, música, obradoiros e espectáculos 
de Nadal

120

O 2022 empezará co tradicional concerto de Aninovo a cargo da Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra.

Pontevedra despedirá 2021 con maxia, música, obradoiros e espectáculos de Nadal no centro, nos barrios e nas parroquias e dará a benvida ao 2022 co tradicional concerto de Aninovo no Pazo da Cultura.

O xoves, 30 de decembro, a Concellaría de Festas mantén a programación en exteriores e en interiores mantendo todas as medidas de seguridade sanitaria nos seguintes espazos:

  • Pasarela da rúa Doce de novembro. 12.00 horas. Obradoiros de Nadal (baixo carpa), música e animación de rúa.
  • Centro histórico. 19.00 horas. Galaxy Led Dancers.
  • Salcedo. Casa Verde. 17.00 horas. Maxia Cómida O Rei Midas.
  • Ponte Muíños. Local Social. 17.00 horas. Globotolo
  • Reiriz – Alba. Local social. Ás 17.00 horas. Alucina a cargo do mago Javier Muro
  • Cerponzóns. Local Social. 17.00 horas. O soño de Fifo.

O día de Fin de ano, 31 de decembro, poderá verse o espectáculo A luz do Camiño polas rúas do centro histórico a partir do 18.30 horas.

E a cidade dará a benvida ao 2022, o 1 de xaneiro, co tradicional Concerto de Aninovo a cargo da Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra organizada pola Concellaría de Cultura. Será ás 19.30 horas no Pazo da Cultura. A asistencia ao espectáculo é previa venta de entradas en www.ataquilla.com

Poboado Tempo de Nadal

Xunto ás actividades, a Ferraría segue a acoller o Poboado Tempo de Nadal que nestes días cambiou a súa proposta de produtos de decoración por agasallo pensando no día de Reis. 

O Poboado Tempo de Nadal estará aberto o día 31 de decembro até as 18.00  horas e non volverá a abrir até o 2 de xaneiro.

Os visitantes poden sacar as mellores imaxes do Nadal de Pontevedra para felicitar as festas e o Aninovo, e tamén deixar as cartas ás súas maxestades de Oriente no buzón instalado dentro do poboado.

O poboado estará aberto até o 5 de decembro en horario de mañá e de tarde.