O concurso de escaparates de Nadal xa ten os seus dez finalistas

87
Xa é posíbel votar nesta derradeira fase do concurso para escoller os tres locais que recibirán un dos tres premios dispoñíbeis
Serán sorteados dez vales de 50 euros entre todos os votantes, que poderán exercer o seu voto a través da web do Concello de Pontevedra ou dunha app específica

Qué bonita es Pontevedra!! non podes estar máis chea de luz este Nadal, o concurso de escaparates organizado pola Concellería de Promoción Económica e Turismo, axudou a que estás luces sexan aínda máis intensas. Escaparates que convidan a comprar e que nos transportan a días máxicos cheos de felicidade e ilusión.

Setenta e seis establecementos participaron no concurso e dez son os finalistas que o  xurado seleccionou durante esta semana, dende hoxe ás 15.00 horas será posíbel votar a través da web do Concello de Pontevedra, onde está subido o  concurso,  ou a través da ligazón https://pr.easypromosapp.com/p/929921 que poderedes compartir nas vosas redes,  whatsapp, correo.. etc..

Os escaparates mellor valorados polo xurado son:

  • DELICIOUS  BAKERY
  • INDIGO
  • DELIRIOUS
  • CASA  VERDUN
  • NOVO RUMBO
  • MILLAN +  MARTINEZ OFTALMOLOXIA
  • SUNSET PONTEVEDRA
  • GRANERO  DELMAS COWORKING
  • AROMARA
  • CONCHI  GIRAUT

Nesta orde  aparecen no concurso, xunto as súas votacións respectivas. O concurso estará activo dende hoxe 28 de decembro ás 15:00 horas ata o día 6 de xaneiro ás 15:00 horas.

Os premios son 1.500, 1.000 e 500 euros (Premios suxeitos a retención IRPF). As votacións do público sumarán 10, 6 e 3 puntos á do xurado. Entre os votantes sortearanse 10 vales de 50 euros para gastar nos establecementos participantes.