Subvencións para proxectos de biomasa destinadas a particulares. Convocatoria 2022.

29

AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA (INEGA)

Resolución do 27 de decembro de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de biomasa destinadas a particulares, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se convocan estas subvencións para o ano 2022 (códigos de procedemento IN421N e IN421P).

O obxecto destas subvencións é apoiar proxectos promovidos polos particulares e as súas agrupacións e asociacións con fins de aforro enerxético e fomento do uso das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións para a xeración de enerxía térmica mediante equipamentos que utilicen biomasa como combustible.
En concreto, os proxectos de biomasa que se subvencionaran son os do grupo: A1 Estufas de aire, cociñas calefactoras, A2 Cambio de queimadores existentes que non sexan de biomasa, B1 Equipamentos térmicos que utilicen leña, hidroestufas ou insert/cheminea de auga, B2 Caldeiras de pélets con volume de acumulación de combustible inferior a 1000 l, e B3 Caldeiras de pélets con volume de acumulación de combustible maior o igual a 1000 l.

Prazo para solicitar a adhesión das entidades colaboradoras: do 19/01/2022 ata o 01/06/2022.
Prazo para solicitar estas axudas: do 01/03/2022 ás 9.00 horas ata o 01/07/2022 ou cando se esgoten os fondos.

Máis información